Ramón Varela Díaz.
A Xunta de Galicia ven de presentar os datos do forestal galego correspondentes ao ano 2024, e nas cifras destaca a extensión que ocupa o eucalipto, alcanzando xa 438.156 hectáreas. Observamos que en dous anos aumentou a extensión en 25.000 ha, o que demostra o fracaso dunha pretendida moratoria decretada polo Goberno Galego no 2021.
A vontade política e o compromiso do Goberno galego neste caso quedan en evidencia. Unha moratoria consecuente para o monocultivo do eucalipto podía ser un paso intermedio cara a posible prohibición que se merecería neste caso. O eucalipto trae problemas nos ecosistemas recoñecidos cientificamente dende hai anos e Galiza ten outras posibilidade mellores no monte económica, social e ecoloxicamente,posibilidades que esta desperdiciando (madeira de árbores nobres de calidade, aproveitamento gandeiro diverso e en liberdade, plantacións de froiteiras, produtos ecolóxicos como mel, herbas e plantas medicinais, castañas… ). O eucalipto plantase fundamentalmente polo interese das celulosas para fabricar pasta de papel, Galiza subministra a celulosa Ence de Pontevedra, Ence de Navia, Altri de Portugal, Navigator de Portugal e por si fora pouco exporta madeira en bruto para outras celulosas do Estado ou da UE e outros usos, aquí queda a contaminación, alto consumo de auga… pero non queda a transformación dos produtos que dan máis valor engadido e postos de traballo e contaminan menos.
No ano 2024 na Galiza talaronse un total de 9,1 millóns de metros cúbicos, m3, deles 5,3 millóns de m3 foron eucalipto, 3,5 millóns son talas de piñeiro, mentres o aproveitamento de frondosas propias galegas foi tan só de 254.000 m3 , situación que se repite ano tras ano grazas a unha política que beneficia os intereses de empresas que queren rendementos rápidos e a curto prazo . Política indirectamente favorecedora de incendios , xusto inadecuada a realidade galega e herdeira do franquismo. Temos o 58% de cortas en eucalipto, o 39% piñeiro e o 3% arbores frondosas caducifolias que melloran en enriquecen o solo pero teñen un aproveitamento residual aínda que son moitas especies diversas: carballos, cerquiños, castiñeiros, bidueiros, ameneiros, cerdeiras… que crean un ecosistema diverso, sostible rico e preparado para o cambio climático e que evitan incendios.
Si unha moratoria nace débil, e de mala gana, non se vai cumprir. se non regula, non define e establece claramente as normas, razóns e criterios técnicos para executala, ao final a moratoria non se cumpre, como pasou. A maiores non se cumpre porque non se quere mirar o que acontece, cunha administración pouco vixiante e mesmo permisiva no tema, con apenas inspeccións cando as necesitaría sistemáticas e de oficio. Non se cumpre unha moratoria tampouco sin sancións exemplares si fai falta e cando é silenciada con apenas publicidade e difusión nos medios.
Como se pode establecer no 2025 unha nova moratoria que durará ate o 2030 aínda máis “flexíbel” e máis “permisiva”, que a temos en vigor, cando amplos sectores sociais, empresariais, sindicais, ecoloxistas,…, pedían unha “moratoria real” ou mesmo algúns sectores criticaban con razón a existente. Como se pode establecer polo Goberno unha nova moratoria para os próximos anos, corta ou máis corta que a actual ?. Como pode perpetuarse unha situación contra natura? .
!! 25.000 ha de aumento en dous anos é tráxico, pero poden ser pouco !! .
Versión en castellano
Moratoria y expansión del eucalipto en Galicia
Ramón Varela Díaz
La Xunta de Galicia acaba de presentar los datos del bosque gallego correspondientes al año 2024, y en las cifras destaca la extensión que ocupa el eucalipto, alcanzando ya 438.156 hectáreas. Observamos que en dos años aumentó la extensión en 25.000 ha, lo que demuestra el fracaso de una pretendida moratoria decretada por el Gobierno Gallego en 2021.
La voluntad política y el compromiso del Gobierno gallego en este caso quedan en evidencia. Una moratoria consecuente para el monocultivo del eucalipto podría ser un paso intermedio hacia la posible prohibición que se merecería en este caso.
El eucalipto trae problemas en los ecosistemas reconocidos científicamente desde hace años y Galicia tiene otras posibilidades mejores en el monte económica, social y ecológicamente, posibilidades que está desperdiciando (madera de árboles nobles de calidad, aprovechamiento ganadero diverso y en libertad, plantaciones de frutales, productos ecológicos como miel, hierbas y plantas medicinales, castañas…).
El eucalipto se planta fundamentalmente por el interés de las celulosas para fabricar pasta de papel. Galicia suministra la celulosa a Ence de Pontevedra, Ence de Navia, Altri de Portugal, Navigator de Portugal y, por si fuera poco, exporta madera en bruto para otras celulosas del Estado o de la UE y otros usos. Aquí queda la contaminación, alto consumo de agua… pero no queda la transformación de los productos que dan más valor añadido y puestos de trabajo y contaminan menos.
En el año 2024 en Galicia se talaron un total de 9,1 millones de metros cúbicos, de ellos 5,3 millones de m3 fueron eucalipto, 3,5 millones son talas de pino, mientras el aprovechamiento de frondosas propias gallegas fue tan solo de 254.000 m3, situación que se repite año tras año gracias a una política que beneficia los intereses de empresas que quieren rendimientos rápidos y a corto plazo.
Política indirectamente favorecedora de incendios, justo inadecuada a la realidad gallega y heredera del franquismo. Tenemos el 58% de cortas en eucalipto, el 39% pino y el 3% árboles frondosos caducifolios que mejoran y enriquecen el suelo pero tienen un aprovechamiento residual aunque son muchas especies diversas: robles, cerquiños, castaños, abedules, alisos, cerezos… que crean un ecosistema diverso, sostenible, rico y preparado para el cambio climático y que evitan incendios.
Si una moratoria nace débil, y de mala gana, no se va a cumplir. Si no se regula, no se define y establece claramente las normas, razones y criterios técnicos para ejecutarla, al final la moratoria no se cumple, como pasó.
Además, no se cumple porque no se quiere mirar lo que acontece, con una administración poco vigilante y incluso permisiva en el tema, con apenas inspecciones cuando las necesitaría sistemáticas y de oficio. No se cumple una moratoria tampoco sin sanciones ejemplares si hace falta y cuando es silenciada con apenas publicidad y difusión en los medios.
¿Cómo se puede establecer en 2025 una nueva moratoria que durará hasta el 2030 aún más «flexible» y más «permisiva» que la que tenemos en vigor, cuando amplios sectores sociales, empresariales, sindicales, ecologistas,… pedían una «moratoria real» o incluso algunos sectores criticaban con razón la existente?
¿Cómo se puede establecer por el Gobierno una nueva moratoria para los próximos años, corta o más corta que la actual? ¿Cómo puede perpetuarse una situación contra natura? ¡¡25.000 ha de aumento en dos años es trágico, pero pueden ser poco!!
- Eólica: Burbulla Eólica fronte a presión social
por Ramón VarelaNunha semana deste mes de abril as empresas Enel Green Power, Energy Group, Greenalia… sufriron un claro revés nos seus proxectos eólicos de Galiza e no Bierzo, polo que non é estraño que se den - Poder xudicial (TSXG) e intereses empresariais eólicos
por Ramón VarelaDias pasados, Xuizas e Xuices pola Democracia amosaron nun comunicado a sua preocupación e desacordo polos cambios ditados pola Presidenta de Sá do Contenciosos-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, TSXG, que obrigan a - As Guerras amplifican o Cambio Climático.
por Ramón VarelaEstamos en un momento donde domina la fuerza bruta y los intereses económicos juegan fuerte sin tener en cuenta las normas que nos gobernaron durante décadas - Parques Nacionais, morrer de éxito con masificación turística e novos vertedoiros.
por Ramón VarelaAte hai pouco o perigo e ameazas principais dos Parques Nacionais (PN) centrábanse no cambio climático, nas especies foráneas, exóticas e invasoras, na sobreexplotación, na contaminación … agora a preocupación científica e social está - IA e Centros de Datos. ¿Son Sostibles? .
por Ramón VarelaUna mirada crítica a la opacidad del boom tecnológico. Ramón Varela Díaz destapa los riesgos ecológicos y el impacto en las tarifas eléctricas que supone la carrera por ser un hub europeo de IA.







