miércoles 10 junio, 2026

Poder xudicial (TSXG) e intereses empresariais eólicos

Dias pasados, Xuizas e Xuices pola Democracia amosaron nun comunicado a sua preocupación e desacordo polos cambios ditados pola Presidenta de Sá do Contenciosos-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, TSXG, que obrigan a  dous membros da Sección Terceira, Luis Villares e M. Dolores López,  a pasar a Sección Cuarta  baixo pretextos“ organizativos”.

A Sección Terceira foi obxecto constante de presión mediática, empresarial e política porque algunhas das  súas resolucións significaban a paralización de parques eólicos na Galiza i eran duramente criticadas de forma sistemática  polos  promotores  eólicos e a mesma Asociación Eólica  que recorrían as medidas cautelares ao Supremo, sin éxito. A Xunta de Galiza tomou sempre partido  polas grandes  empresas eléctricas de forma incondicional e chegou a cualificar as sentencias de “erróneas” e a acusar ao TSXG de emprender unha “ofensiva” contra a eólica. As súas criticas sembraron dúbidas inxustificadas e tamén presentou recursos ao Supremo.  Ambos, sector eólico e poder político chegaron a  cuestionar  a profesionalidade dos   integrantes da sección Terceira do TSXG . Onde estará o respecto democrático do poder político e mesmo do empresarial  ás sentencias do Poder Xudicial?

 Os mesmo Xuízas e Xuíces pola Democracia   consideran que “Durante os últimos meses e anos foron habituais desmedidas declaracións  de determinados responsábeis políticos  e empresariais” .  Ante isto evidenciase que o traslado forzoso non parece ser por meros cambios “internos “organizativos”. Dende o 2020  a sección Terceira estimou  máis de 70 recursos que reclamaban medidas cautelares para proxectos eólicos.  Os autos do TSXG que pararon a construción de  parques eólicos ditáronse por unanimidade, tan só  houbo discrepancia en tres casos.  Dos 30 parques impugnados por Adega, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, só nun caso tivo un voto particular discrepante.

 Analicemos o significado que ten para empresas, poder político e financeiro  os cambios propostos:

1. As Empresas eólicas. Galiza, pioneira en renovables,  conta con case 4.000 MW en eólica sendo un dos tres grandes produtores de eólica no Estado, as grandes eléctricas  Naturgy, Endesa, Iberdrola son grandes produtoras aquí polo “vento de calidade” que temos. Teñen proxectos para instalar máis de 5.500 MW no futuro inmediato e aumentar a potencia máis adiante, apuráronse e xa teñen permiso adiantado en parte.

  Galiza produciu no 2025 o 15% da enerxía eólica do Estado (8,6 millóns de Mwh dun total de 57,4) e o 25% da enerxía hidráulica (8,36 millóns Mwh de 33,68), en hidráulica producimos un de cada catro Mwh do Estado. Pero a instalación e produción renovable non asume os custos sociais moi altos que pagamos todos os galegos mentres outras Comunidades  consumen sin producir e externalizan en nós os impactos.  Si analizamos o balance eléctrico galego do ano 2025 temos unha produción  por todas as fontes de 21,3 millóns de Mwh e a demanda galega en b.c. foi só de 14.1 millóns, polo que saíu para Madrid, Pais Vasco, Portugal e outras partes da orde de 6,6 millóns de Mwh.

Si non deixan beneficios  aquí porque cotizan fora en Bilbao, Madrid.. que podemos esperar das grandes empresas ?  As migallas económicas que nos quedan son insignificantes mentres  os custos sociais asociados son altos e temos que pagalos todos. Os  custos económicos, o impacto ambiental que conlevan e arrastran, os danos ecolóxicos, paisaxísticos, liñas de alta e media tensión e servidumes obrigadas de paso … son de recibo ? Pero a industria eólica quere máis do mesmo como se tivese dereito.

2. A Xunta de Galiza. O poder político  está doído pola paralización de polo menos 70 parques aos que a administración diu o “visto bó”. Non dúbido que queren cumprir compromisos e para “mais inri”  a sección terceira doulle recentemente a razón a demanda interposta por Adega, fronte a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, obrigando a nulidade parcial da Orde de  4/10/ 2024 publicada  no DOG 10/02/ 2025   que exixe  a Xunta de Galiza  manter a protección existente de antigo nunha área de amortecemento do LIC  Serra do Careón na que agora (retirando a protección)   pretendían implantar o proxecto Altri , “proxecto estrela” da Xunta.

A relación da Xunta coas empresas eólicas ven de vello,  algún ex-Conselleiro de Medio Ambiente e altos cargos desfrutaron e desfrutan dun asento no Consello de empresas eléctricas, estas recoñecenlle  o favor de gobernabar para elas. Cando Feijoo accedeu por primeira vez a Xunta de Galicia foi felicitado efusivamente con foto incluída polo Presidente de Iberdrola. A Xunta non ten reparos en  lexislar a favor das eólicas, non importan os intereses do territorio e dos cidadáns nin as continuas protestas de asociacións de veciños, comunidades, grupos ecoloxistas, cidadáns, grupos da oposicións… Saben que os seus “esforzos teñen sempre recompensa”  a medio ou longo prazo.

3. O capital financeiro.  Case en silencio, pero por baixo o poder financeiro tampouco estaba contento co “parón eólico”. Nun debate en 2025  un responsable de Abanca afirmaba que esta entidade invistía da orde de 350 -400 millóns ao ano en financiación de parques renovables   e desde o 2018  ao  2025 non puideron investir en parques eólicos na Galiza . Esto mesmo sucederá noutras entidades porque o negocio é o negocio.

En definitiva, empresas, poder político e poder financieiro non están interesados  en levar a cabo Plans eólicos  que teñan en conta aos afectados, que somos todos, non só os que viven preto dos parques, polo que os cidadáns vense  obrigados a recorrer ao poder xudicial . As deficiencias nos estudos de impacto ambiental son reiterados e constantes, os parques cada vez están máis próximos as vivendas e zonas habitadas,  os  danos nos ecosistemas non lle  importan, os beneficios só son das eléctricas… Aquí é onde encaixa o TSXG, o único que ate agora contiña a rapiña, irracionalidade e insensatez  que nos persigue no territorio dende anos atrás, a sección terceira só busca facer as cousas ben .   O poder xudicial ten e debe  estar por riba de toda presión veña de onde veña, por eso  Rectificar  é de Sabios.

¿Tienes una opinión que compartir sobre este artículo?

En La Discrepancia valoramos tu perspectiva. Cuéntanos qué piensas de este artículo. ¡Te leemos directamente por WhatsApp!

No te pierdas ningún artículo. Únete a nuestro canal de WhatsApp para las últimas opiniones.

¿Te ha gustado? Compártelo:

Artículos relacionados...

Tu colaboración mantiene la información libre

💖 Colaboración Bizum: Sigue estos 3 pasos

A continuación, se muestra el número telefónico al que puedes enviar tu Bizum.

626 72 02 08

Por favor, CÓPIALO manualmente, ve a tu aplicación bancaria (o la App de Bizum) y PEGA este número para realizar tu donación.