domingo 21 junio, 2026

Parques Nacionais, morrer de éxito con masificación turística e novos vertedoiros.

                                                                     

Ate hai pouco  o perigo e ameazas principais dos Parques Nacionais (PN) centrábanse no cambio climático, nas especies foráneas, exóticas e invasoras, na sobreexplotación, na contaminación … agora a preocupación científica e social está na masificación turística, pois o turismo en PN  aumentou nun 77% nos últimos 20 anos. A maiores o MITECO, no 2025, aprobou dúas novas zonas mariñas para vertedoiros de dragados de portos  próximas ao PN marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (Cies, Ons, Sálvora…).  Recentes estudos científicos dan a voz de alarma porque despois de 9 anos aparecen cambios nos ecosistemas e perdas do 40% de biodiversidade na auga de dous Parques Nacionais, o de Illas Atlánticas  de Galicia e no  PN de Cabrera no Mediterráneo.

Parques Nacionais.

As visitas a PN alcanzaron 16 millóns no 2024. Nos dezaseis  Parques Nacionais do Estado, o PN do Teide (18.990 hectáreas) contou 5,2 millóns  de turistas, case a terceira parte do total, no PN de Serra de Guadarrama foron 2,4 millóns,  Picos de Europa  1,6 millóns, Tinanfalla  1,5 millóns, Garajonay  1,3 millóns… e no Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia, con tan só 1.194 ha en terra,  no ano pasado  case alcanza o medio millón de turistas, sendo o parque máis pequeno en superficie do Estado.

Esta masificación turística nos PN , fai difícil a protección e sostibilidade da natureza, e a maiores  as visitas concentrase  en tres ou catro meses do ano. A administración non parece capaz de desenvolver destinos turísticos alternativos e frear ou mesmo limitar máis esta escalada de turistas.  Parte desta presión explícana os entendidos porque asistimos a mobilidade e visita turística como símbolo de status, e ademais  as autofotos  e fotos na paisaxe dun Parque subidas nas redes sociais serven para dicir “eu tamén estiven aquí”. En realidade a preocupación, hábitos, sensibilidade e comportamento ambiental  diario dos turistas non parece que  se modifique e mellore con este turismo masificado de “visita” a parques. 

 A administración ante as protestas por un vertedoiro próximo a PN, crea dous máis.

Desde a década dos anos 70 entre as illas Ons e Sálvora, na boca sur da Ría de Arousa estaba  o vertedoiro  de Sálvora para materiais de dragado de portos, denominado tecnicamente  E/8 , vertedoiro  autorizado polo Ministerio de Fomento en 1998, antes de declarar á zona próxima Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia. Os barcos de dragado recolleron, transportaron e depositaron na zona E/8 da orde de 3,8 millóns de   metros cúbicos  de terra, area, rochas, e sedimentos  finos e lixeiros que evidentemente contiñan en cantidades baixas ou moi baixas hidrocarburos, microplásticos, aceites, metais e  metais pesados (cadmio, níquel, cromo, zinc, mercurio…), fertilizantes e outros químicos. Moitas destas substancias son tóxicas e bioacumulativas  nos seres vivos e pasan a través das redes tróficas  duns seres a outros, amplificando a contaminación .

No ano  2021 o Ministerio de Transición Ecológica ante as protestas polo vertido en Sálvora E/8 e a ameaza que significaba para pesca e marisqueo a entrada de sedimentos a ría de Arousa, ordenou que cesaran os depósitos e pechou temporalmente o vertedoiro, paralizando medio centenar de dragados previstos nas rias de Vigo, Pontevedra, Arousa e Muros-Noia .   No 2025  o Ministerio  de novo reabre o vertedoiro  de Sálvora para recibir dragados e o ano pasado (3/9/ 2025) o MITECO diu o visto bo para abrir dous novos vertedoiros:  a zona B  a 3, 1 millas de Ons ( unha das illas do Parque) e a unha milla do antigo E/8   e a zona D  a 3,6 millas ao suroeste  de Cies (illa principal do PN) , este ademais relativamente próximo a boca sur de entrada da Ría de Vigo, zona de entrada de auga exterior por correntes mariñas que pode arrastrar os sedimentos finos desde o vertedoiro cara o interior da ría. 

En definitiva ante a critica pola existencia dun vertedoiro de dragados  Xunta e Ministerio impóñennos tres (E/8 como secundario e B e D como principais) e todos en zonas igual de sensibles e igual de problemáticos. Portos de Galicia (Xunta)  en agosto do 2025 lamentaba profundamente os catro anos de parálise imposta polo Ministerio e o seu  Presidente aseguraba que “A presencia de metais pesados dáse en concentracións moi baixas”. O Ministerio fixo caso a unha proposta que tamén apoiou a Xunta de Galicia do Centro de Estudos e Experimentación de Obras Públicas (Cedex) organismo técnico  que manifestaba: “supoñemos que os vertedoiros non teñen  afección nos espazos da Rede Natura 2000” e o Ministerio para xustificar a sua decisión chegou a afirmar que non se ia observar “efecto negativo significativo” . Todos de acordo ocultaban que  en Sálvora E/8 tan so queda no vertedoiro o 53,2% dos dragados de sedimentos alí depositados e  o resto   dispersouse xa, non cabe dúbida que en parte cara o interior da ría de Arousa e posiblemente estiveron afectando a bancos de marisqueo, peixes e prexudicando a biodiversidade en xeral. A diminución de capturas observada en peixes e marisqueo  na Ría de Arousa terá algo que ver cos vertidos de dragados ?

O vertedoiro E/8 prexudicou o fondo mariño  na  área de vertido do vertedoiro, pois elevouse ao longo de mais  de 1 Km entre  16-23 m de alto, vemos unha montaña no fondo mariño que tivo que arrasar todo o que o fondo tiña.  Posiblemente tamén prexudica os 47 bancos de fondos maërl da zona, formación vexetal composta por coralináceas  de lento crecemento e vida libre, cuxa estrutura tridimensional sirve como substrato e refuxio dunha gran cantidade de animais e vexetais. Os fondos maërl con 130 especies distintas de algas (Sálvora 102, Ons 88 e Cies 95 )  localizase exclusivamente na fachada oriental do arquipélago    onde ocupan una extensión de 16 km2 .  O arrastre e remoción dos sedimentos e partículas finas e a resuspensión a auga ao mover os sedimentos acaban por dar  turbidez a augas próximas e as auga do Parque está moi próximo  ( que son 5 km nas augas ) e prexudican ao ecosistema.

A maiores, e para colmo,  os novos vertedoiros escollidos están dentro dunha zona ZEP Corredor Migratorio Galaico-Cantábrico da Rede Natura 2000 xestionada polo MITECO que acolle 28 especies protexidas e outras migratorias. Ambas zonas B e D  serán preferentes para vertido antes que o Sálvora E/8. Nos próximos dez anos prevén o vertido de 1,68 millóns de metros cúbicos de material diverso de dragado . O vertedoiro zona D pronto recibirá  146.000 metros cúbicos de lodos e áridos procedentes  de dragados na sua maioría de Vigo e o vertedoiro zona B  recollerá 484.000 m3  de un dragado  do canal do Lérez , porto e ría,  con sedimentos antigos ricos en metais, en especial mercurio procedente do vertido de industrias asentadas anos ao pé da ría (Tafisa e Elnosa que xa pecharon e de Ence), mercurio que se resuspenderá e pasará de novo a circulación da auga ao remover os fondos.  A ría de Arousa ten previsto dragar 1,04 millóns de m3 que iran destinados a zona B. Podemos preguntarnos :  Son compatibles estes vertedoiros coa pesca, marisqueo, cultivos mariños… das rías e do litoral ? Pode seguir existindo como  mellor praia do mundo, Rodas nas Cies tendo preto un  vertedoiro ?.

  A ameaza é xa unha realidade. Perdas de diversidade do 40% nos últimos 9 anos.

Un estudo  realizado por investigadores da Universidad de Barcelona e o Centro de Estudos Avanzados de Blanes (CEAB-CSIC)  comprobaron    que tanto o Parque Nacional Marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia como no P. N. Marítimo-terrestre do Archipiélago de Cabrera en Baleares   perderan biodiversidade  en distintos niveis do ecosistema mariño ate un 40% de media e isto sucedía nos últimos 9 anos. O estudo está baseado en mostraxes repetidos nos mesmo  hábitats del fondo mariño, entre 2014 e 2022 “e detectáron  cambios na estrutura do ecosistema cun marcado descenso en riqueza e diversidade  (40%)”  e afirman que  “ os parques non están illados do entorno que os rodea “.      

Tal investigación contradí ás previsións do Ministerio, da Xunta e do Organismo técnico  Cedex que consideraban  “moi improbable que o Parque Nacional das Illas Atlánticas poda quedar afectado….”

Mentres a administración nos distrae nos PN cun plan de control e erradicación de especies invasoras  como acacia, eucalipto,  visón americano,  gato domestico…  xustificado para preservar o entorno natural, primeira misión do parque, non adopta medidas fronte a problemas maiores como a masificación turística e para colmo fixa novos vertedoiros de dragados que ameazan as augas protexidas dun Parque Nacional .   Será tan difícil entender o Principio de Precaución ?. Tratar ou Inmobilizar en terra os dragados dos portos será misión imposible?.    Poderián  ensinar os vertedoiros  próximos  aos turistas  do Parque?

TEXTO EN CASTELLANO

Parques Nacionales: morir de éxito por la masificación turística y los nuevos vertederos

  Ramón Varela Díaz.


Ramón Varela Díaz
Hasta hace poco, los peligros y amenazas principales de los Parques Nacionales (PN) se centraban en el cambio climático, las especies foráneas, exóticas e invasoras, la sobreexplotación o la contaminación. Sin embargo, ahora la preocupación científica y social reside en la masificación turística, ya que el turismo en los PN ha aumentado un 77 % en los últimos 20 años. A esto se suma que el MITECO, en 2025, aprobó dos nuevas zonas marinas para vertederos de dragados de puertos próximas al PN marítimo-terrestre de las Islas Atlánticas de Galicia (Cíes, Ons, Sálvora…). Recientes estudios científicos dan la voz de alarma: tras 9 años, aparecen cambios en los ecosistemas y pérdidas del 40 % de biodiversidad en las aguas de dos Parques Nacionales: el de las Islas Atlánticas de Galicia y el de Cabrera, en el Mediterráneo.
Parques Nacionales
Las visitas a los PN alcanzaron los 16 millones en 2024. De los dieciséis Parques Nacionales del Estado, el del Teide (18.990 hectáreas) registró 5,2 millones de turistas —casi la tercera parte del total—; el de la Sierra de Guadarrama recibió 2,4 millones; Picos de Europa, 1,6 millones; Timanfaya, 1,5 millones; Garajonay, 1,3 millones… y el Parque Nacional de las Islas Atlánticas de Galicia, con tan solo 1.194 ha terrestres, rozó el año pasado el medio millón de turistas, siendo el parque más pequeño en superficie del Estado.
Esta masificación turística dificulta la protección y sostenibilidad de la naturaleza, agravada por el hecho de que las visitas se concentran en tres o cuatro meses al año. La administración no parece capaz de desarrollar destinos turísticos alternativos ni de frenar, o al menos limitar, esta escalada de visitantes. Los expertos explican parte de esta presión por el hecho de que vivimos la movilidad y la visita turística como un símbolo de estatus; además, los selfies y las fotos en el paisaje de un Parque subidas a las redes sociales sirven para decir “yo también estuve aquí”. En realidad, no parece que la preocupación, los hábitos, la sensibilidad y el comportamiento ambiental diario de los turistas mejoren con este turismo masificado de “visita rápida”.
La administración crea dos vertederos más ante las protestas por uno previo
Desde la década de los 70, entre las islas de Ons y Sálvora, en la boca sur de la Ría de Arousa, se encontraba el vertedero de Sálvora para materiales de dragado, denominado técnicamente E/8. Este vertedero fue autorizado por el Ministerio de Fomento en 1998, antes de que la zona fuera declarada Parque Nacional. Los barcos de dragado recogieron, transportaron y depositaron en la zona E/8 cerca de 3,8 millones de metros cúbicos de tierra, arena, rocas y sedimentos finos que contenían trazas de hidrocarburos, microplásticos, aceites y metales pesados (cadmio, níquel, cromo, zinc, mercurio…), fertilizantes y otros químicos. Muchas de estas sustancias son tóxicas y bioacumulables, pasando a través de las redes tróficas y amplificando la contaminación.
En 2021, el Ministerio para la Transición Ecológica, ante las protestas por el vertido en Sálvora y la amenaza que suponía para la pesca y el marisqueo la entrada de sedimentos en la ría de Arousa, ordenó el cese de los depósitos y cerró temporalmente el vertedero, paralizando medio centenar de dragados previstos en las rías de Vigo, Pontevedra, Arousa y Muros-Noia. Sin embargo, en 2025 el Ministerio reabrió Sálvora y, el pasado 3 de septiembre, el MITECO dio el visto bueno a dos nuevos vertederos: la zona B, a 3,1 millas de Ons y a una milla del antiguo E/8; y la zona D, a 3,6 millas al suroeste de Cíes. Esta última está relativamente próxima a la boca sur de la Ría de Vigo, una zona de entrada de agua exterior por corrientes marinas que puede arrastrar los sedimentos finos hacia el interior de la ría.
En definitiva, ante la crítica por un vertedero, la Xunta y el Ministerio imponen tres (el E/8 como secundario y el B y D como principales), todos en zonas igual de sensibles y problemáticas. Portos de Galicia (Xunta) lamentaba en agosto de 2025 los cuatro años de parálisis, asegurando que “la presencia de metales pesados se da en concentraciones muy bajas”. El Ministerio siguió la propuesta del Cedex, que afirmaba: “suponemos que los vertederos no afectan a los espacios de la Red Natura 2000”. Para justificar su decisión, el Ministerio llegó a afirmar que no se observaría un “efecto negativo significativo”.
Todos ellos ocultaban que en Sálvora E/8 solo permanece el 53,2 % de los sedimentos depositados; el resto se ha dispersado, sin duda hacia el interior de la ría de Arousa, afectando posiblemente a los bancos marisqueros y a la biodiversidad. Cabe preguntarse: ¿tendrá algo que ver la disminución de capturas en la Ría de Arousa con estos vertidos?
Impacto en el fondo marino y la Red Natura 2000
El vertedero E/8 ha dañado el fondo marino: en el área de vertido se ha formado una «montaña» de entre 16 y 23 metros de altura a lo largo de más de 1 km, arrasando con todo a su paso. Posiblemente también perjudique a los 47 bancos de fondos de maërl de la zona, formaciones de algas coralináceas de lento crecimiento que sirven de refugio a multitud de especies. Estos fondos, que albergan 130 especies de algas distintas, se localizan exclusivamente en la fachada oriental del archipiélago. La resuspensión de sedimentos aporta turbidez a las aguas del Parque (situadas a apenas 5 km), perjudicando gravemente al ecosistema.
Para colmo, los nuevos vertederos están dentro de una ZEPA (Zona de Especial Protección para las Aves) del Corredor Migratorio Galaico-Cantábrico de la Red Natura 2000, que acoge 28 especies protegidas. En los próximos diez años se prevé el vertido de 1,68 millones de metros cúbicos de material. La zona D recibirá lodos de Vigo, y la zona B recogerá 484.000 m³ del canal del Lérez, con sedimentos ricos en mercurio de antiguas industrias (Tafisa, Elnosa y Ence), un metal que volverá a circular en el agua al remover los fondos. ¿Son compatibles estos vertederos con la pesca y el marisqueo? ¿Puede seguir existiendo la «mejor playa del mundo» (Rodas, en las Cíes) teniendo un vertedero tan cerca?
Una amenaza real: pérdida del 40 % de diversidad
Un estudio de la Universidad de Barcelona y el CEAB-CSIC comprobó que tanto el PN de las Islas Atlánticas como el de Cabrera han perdido una media del 40 % de su biodiversidad en los últimos 9 años. El estudio, basado en muestreos entre 2014 y 2022, detectó un marcado descenso en riqueza y diversidad, afirmando que “los parques no están aislados del entorno que los rodea”. Esta investigación contradice frontalmente las previsiones del Ministerio y la Xunta.
Mientras la administración nos distrae con planes de erradicación de especies invasoras (acacias, eucaliptos, visón americano…) para «preservar el entorno», no adopta medidas contra la masificación turística y, para colmo, establece vertederos que amenazan aguas protegidas. ¿Tan difícil es entender el Principio de Precaución? ¿Es misión imposible tratar o inmovilizar los dragados en tierra? ¿Se atreverían a mostrar estos vertederos a los turistas que visitan el Parque?

  • Eólica: Burbulla Eólica fronte a presión social
    Nunha semana deste mes de abril as empresas Enel Green Power, Energy Group, Greenalia… sufriron un claro revés nos seus proxectos eólicos de Galiza e no Bierzo, polo que non é estraño que se den titulares de prensa diaria que poñan : “Transición Ecológica pincha la burbuja de grandes parques eólicos en Galicia. Tumbó ya
  • Poder xudicial (TSXG) e intereses empresariais eólicos
    Dias pasados, Xuizas e Xuices pola Democracia amosaron nun comunicado a sua preocupación e desacordo polos cambios ditados pola Presidenta de Sá do Contenciosos-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, TSXG, que obrigan a  dous membros da Sección Terceira, Luis Villares e M. Dolores López,  a pasar a Sección Cuarta  baixo pretextos“ organizativos”. A
  • As Guerras  amplifican o Cambio Climático.
    Estamos en un momento donde domina la fuerza bruta y los intereses económicos juegan fuerte sin tener en cuenta las normas que nos gobernaron durante décadas
  • Parques Nacionais, morrer de éxito con masificación turística e novos vertedoiros.
                                                                          Ate hai pouco  o perigo e ameazas principais dos Parques Nacionais (PN) centrábanse no cambio climático, nas especies foráneas, exóticas e invasoras, na sobreexplotación, na contaminación … agora a preocupación científica e social está na masificación turística, pois o turismo en PN  aumentou nun 77% nos últimos 20 anos. A maiores o MITECO, no
  • IA e Centros de Datos. ¿Son Sostibles? .
    Una mirada crítica a la opacidad del boom tecnológico. Ramón Varela Díaz destapa los riesgos ecológicos y el impacto en las tarifas eléctricas que supone la carrera por ser un hub europeo de IA.

¿Tienes una opinión que compartir sobre este artículo?

En La Discrepancia valoramos tu perspectiva. Cuéntanos qué piensas de este artículo. ¡Te leemos directamente por WhatsApp!

No te pierdas ningún artículo. Únete a nuestro canal de WhatsApp para las últimas opiniones.

¿Te ha gustado? Compártelo:

Artículos relacionados...

Trenes de Cercanías

Tranquilamente instalado en la terraza de mi bar favorito, observo a los viandantes y, con envidia, a los jóvenes que

Leer más »

Tu colaboración mantiene la información libre

💖 Colaboración Bizum: Sigue estos 3 pasos

A continuación, se muestra el número telefónico al que puedes enviar tu Bizum.

626 72 02 08

Por favor, CÓPIALO manualmente, ve a tu aplicación bancaria (o la App de Bizum) y PEGA este número para realizar tu donación.