O Convenio de Londres de 1972 sobre a “Prevención da contaminación no mar por vertimento de desfeitos e outros materiais” prohibe o vertido de materiais perigosos (lista negra do Anexo I), pero aquí non se inclúen os vertidos de residuos radioactivos de centrais nucleares que se fan no mar desde 1945 e que serian prohibidos na X Reunión da Convención de Londres no ano 1993.
O mes pasado o CNRS, Centro Nacional de Investigacións Científicas de Francia, iniciaba unha investigación científica referida ao estudo e avaliación dos residuos radioactivos depositados no fondo mariño no “Basureiro Atómico do Atlántico”, situado fronte as costas galegas. O buque oceanográfico L`Atalante cun robot submarino realizou 15 inmersións e cartografou 160 km cadrados utilizando tecnoloxía de sonar de alta precisión. Pretendía saber onde están os bidóns, analizar a radioactividade da auga profunda, facer mostraxe e análise de sedimentos (23 localizacións distintas de estudo e 345 mostras extraídas) e avaliación da fauna profunda (7 trampas para peixes). Finalizada a campaña, e localizados 3.550 bidóns dos máis de 200.000 depositados no mar, agora espéralle un traballo de investigación en laboratorio de varios meses . Vexamos :
1. O Vertedoiro Atómico do Atlántico
O principal lugar de vertido dos residuos europeos foi o “Vertedoiro Atómico do Atlántico”, un rectángulo de aproximadamente 60 x 20 millas que ocuparía máis de 4000 km cadrados dentro dunha zona de vertido de 14.500 km cadrados. Situado entre 350-388 millas da punta de Estaca de Bares na Galiza e a 600 millas das costas inglesas. Calculase que recibiu dende 1956 ate preto de 1990 máis de 200.000 bidóns con residuos radioactivos de media e baixa radioactividade, a maioría procedentes de centrais nucleares, e unha pequena parte recollida en hospitais, centros de investigación, laboratorios… So entre 1967 e 1982 auspiciados pola Axencia de Enerxía Nuclear, AEN, prodúcense 29 operacións de descarga de buques (denominados barcos da morte) que tiran os contedores e bidóns ao mar, práctica incomprensíbel, perigosa, inadecuada e moi contaminante na que participan conxuntamente varios países europeos: Inglaterra, Holanda, Bélxica, Suiza, Luxemburgo, Alemaña occidental, Italia, Francia, Suecia. ..
2. Os residuos radioactivos
O lixo nuclear emite radiacións invisíbeis, altamente enerxéticas, na Fosa Atlántica a radiación supera un millón de Curies en radiación beta-gamma e tritio en residuos de media e baixa actividade segundo a Axencia Europea de Enerxía Nuclear. Si a radioactividade incide na materia viva poden facilmente trastocar e alterar o funcionamento celular. Vértense decenas de produtos de fisión e activación que emiten radiacións “alfa”(Radio-226, Plutonio-238, Americio-241…) mentres outros residuos emiten radiación “beta e gama” está última máis perigosa (Cesio 137, Cerio-192, Iodo 129, Cobalto-60… ) . A sua vida activa ou tempo para que a metade dunha cantidade calquera dun produto radioactivo se desintegre vai desde días/ meses (Cerio-144, Iridio -192) a anos/miles de anos ( Cobalto-60 con 5,26 anos, Plutonio-240 con 6.580 anos, Plutonio- 239 24.400 anos, Uranio- 233 160.000 anos…) .
3. Coñecian que era unha práctica contaminante
En outubro de 1970 o “Consello de Medio Ambiente Americano”, publicaba un estudo sobre os vertidos de residuos vertidos por Estados Unidos no Océano Pacífico, coa conclusión de que as descargas deste lixo no océano significaba un serio e crecente perigo para o medio mariño e o Consello acabou propoñendo ao Congreso “prohibir radicalmente as descargas de alto nivel de radiación e permitir so as descargas de vertidos de medio e baixo nivel en casos excepcionais , dende esas datas empezan en Estados Unidos a almacenarse os residuos en terra.
En Europa tiñamos precedentes anteriores, en 1959 Francia decide somerxer no Mediterráneo 6.500 barrís radioactivos ao que se opón o Museo Oceanográfico de Monaco, o investigador J. Cousteau , asociacións de pescadores, organizacións turísticas, alcaldes, deputados… As protestas impiden o vertido ao Mediterráneo pero desviase o vertido silenciosamente e en secreto ao Océano Atlántico. Temos que esperar ao ano 1974 para que algúns países como Austria, Suecia , Dinamarca, Noruega e Islandia consideren esta práctica contaminante e din que van deixar de verter no mar.
4. Fugas de radioactividade
En 1979 e 1981 a TV holandesa filmaba vertidos dos “Barcos da Morte” lanzando bidóns con residuos que se abrían polo simple choque coa auga, esparexían o seu contido e mesmo víase que algúns xa tiñan fendas e fisuras no momento que os cargaban nos barcos para posteriormente guindalos ao mar.
Nos vertedoiros atómicos do Pacífico aparecían tamén contentores abertos pouco despois do seu depósito na auga. Nas declaracións de J. Cousteau ante o Consello de Europa, asegurase que existen bidóns abertos despois de 20 anos de permanencia na auga. Nun Informe presentado por Kiribati e Nauru, nacións independentes e illas do Pacífico na reunión da Convención de Londres en 1983 conclúen que os bidóns teñen unha vida media efectiva de 10 anos e que mesmo dánanse algúns antes de chegar ao fondo.
En resumo as fugas de material radioactivo poden darse por : a) má embalaxe, b) por efecto da corrosión mariña, c) por altas presións a que están sometidos, d) por ataque de microorganismos, e) por choques e desprazamentos, f) por influencia das correntes mariñas, g) por correntes de turbidez, h) por vórtices e ondas internas, i) por correntes de turbidez, de fluxo ou de convección …
5. Galiza seria zona de destino dos residuos
O Océano Atlántico está percorrido, na sua parte norte, polas correntes cálidas do sistema Gulf Stream (que dulcifica o noso clima) , correntes máis coñecido polo nome de correntes do Golfo de México, arrastra auga con diferencias de salinidade, maior temperatura… da auga próxima e que se vé empuxada polo vento lentamente de América a Europa, preto das costas europeas a corrente ramificase en dous grandes brazos, un deles ascendente chega a Escandinavia e outro brazo colle cara o sur e ramificase, sendo Galiza o primeiro punto de Europa onde choca unha das ramificacións bañando a costa Portuguesa e adentrándose mesmo polo Estreito de Xibraltar. Cálculos hipotéticos realizados polo Instituto Xeodésico de Frankfurt en Alemaña din que os bidóns podían ser arrastrados, desde o punto de vertido, un longo treito, non caerían no punto que os tiran, podían ser arrastrados cara as costas galegas polas correntes do Golfo.
6. Seres vivos e residuos
A radioactividade é acumulativa, diversos procesos de concentración e acumulación poden levar a que os organismos vivos incorporen taxas de radioactividade nocivas. Os sedimentos do fundo mariño en relación coas cadeas tróficas tamén son importante, os mesmos bidóns crean un hábitat artificial – calor…- que atrae a vida mariña a 4000-5000 m de profundidade. Temos que entender que non existen para o ser vivo – microorganismos, e seres mariños ou mesmo para nós- unha dose inocua de radioactividade, un limiar mínimo baixo do cal se poda asegurar que non existe perigo. Non todas as células nen todos os organismos se ven afectados de igual maneira. Os seres máis evolucionados son tamén os máis sensibles as radiacións. Mutacións hereditarias, malformacións xenéticas e multiplicación incontrolada de células- cancro- son inducidos por radioactividade.
7. Rompese o silencio sobre unha práctica contaminante
Na Galiza unha das primeiras denuncias en contra dos vertidos foi no ano 1974, realizada por Francisco Bermejo xefe do departamento de Química Analítica da Universidade de Santiago e un dos membros fundadores de ADEGA, que nunha mesa redonda di “ botan a 150 millas da Torre de Hércules bloques de formigón ateigados de substancias radioactivas e e ninguén sabe o que vai pasar aí, en máis dun sitio estanse almacenando no Océano residuos que están en activade e non se sabe o que van producir, “penso que poderiamos falar duns criminais do futuro, criminais que non saben o que pasará pero que o fan…”.
No ano 1978 Adega emprendía unha campaña contra os residuos na Galiza e mesmo protestando na embaixada de Inglaterra en Vigo con varios peches incluídos, no ano 1978-79 Greenpeace alertaba a opinión pública mundial do perigo dos vertidos de residuos con fotografías, películas e enfrontamento cos barcos da morte. Adega colabora con Greenpeace e Tino Solla de Adega encadease aos bidóns no barco que tiraba residuos, sendo retido e levado a Holanda. No 1982 prodúcense actos e protestas e mobilízanse en toda Galiza máis de 25.000 persoas protestan contra os residuos, organizacións nacionalistas, ecoloxistas, pescadores, fretan barcos de pesca para protestar no lugar de vertido… máis tarde Adega trasladaría a sua protesta ate Londres cun autobús e 28 persoas para protestar ante o organismo de Enerxía Atómica que daba os permiso de vertido, de novo detidos, xulgados e multados agora en Inglaterra.
No 1983 un submarino francés controlado a distancia vai as profundidades do Atlántico e fotografía a Fosa Atlántica e afirma que non existe problema. Aquí serve para que os Organismo públicos aproveiten para “calmar a poboación “, o Consello Nuclear e a Xunta de Enerxía Nuclear do Estado Español asi como o Instituto Español de Oceanografía empénanse en difundir que o vertido non representaba ningún risco indebido nin para as persoas nin para o medio mariño. A postura do Goberno Español era contraditoria estaba a favor das nucleares (central nuclear de Lemoniz ) e mantiña unha tímida oposición aos vertidos pedindo unha moratoria que moitos xustificaban porque estaba en xogo a entrada de España no Mercado Común Europeo .
8. Paralización dos vertidos
No 1983 celebrase en Londres a VII na sede da OMI a reunión consultiva da Convención Internacional para a prevención da Contaminación Mariña máis coñecida como Convención de Londres . Presentanse 4 propostas a) As illas de Kiribati e Nauru no Pacífico propoñían unha Prohibición total. b) Os países nórdicos (Noruega, Suecia, Dinamarca…) comprometense a non tirar ou ir diminuíndo os actuais vertidos. c) Inglaterra, Estados Unidos, Xapón e Bélxica entre outros defendían seguir cos vertidos. d) O Goberno Español propoñía unha moratoria voluntaria temporal de dous anos mentres se realizaban estudos científicos da zona (o PSOE no Goberno tiña como compromiso electoral que si chegaba a gobernar acabaría definitivamente con esta práctica contaminante). A proposta de moratoria do Estado Español ia como resolución ou proposición, e non era vinculante, consegue 19 votos a favor, 6 en contra (Estados Unidos, Inglaterra, Holanda Xapón…) e 5 abstencións. Pero de pouco servía o resultado da votación, ao non ser vinculante a Convención de Londres non podía impedir o vertido de residuos a aqueles países que votaran en contra ou se abstiveran.
En 1985 na IX Reunión Consultiva da Convención de Londres presentase un informe científico que non demostraba que os vertidos radioactivos fosen inofensivos nin tampouco perigosos polo que deciden estudar o tema de forma máis integral e no 1986 crean un Grupo Intergubernamental de Expertos que analiza aparte de temas científicos, aspectos políticos, xurídicos, económicos, sociais… e mentres prorrogase a moratoria ate 1993. A X Reunión Consultiva de Londres nese ano por maioría acorda prohibir os residuos radioactivos ao mar e entra en vigor en febreiro de 1994 e se inclúen todo tipo de residuos radioactivos e materiais radioactivas (pasan a lista negra -Anexo I- )
.
9. Abandono total da Unión Europea e falta de preocupación do Goberno Español e da Xunta .
Unha vez que entra en vigor a prohibición, pasamos a un silencio absoluto do tema, nin seguimento, nen estudos, nin inspeccións, nin preocupación …. Unicamente, agora no 2025 poderemos ter unha avaliación científica máis detallada aproveitando a tecnoloxía moderna que continuará nunha segunda campaña máis exhaustiva prevista para o 2026-27. A Unión Europea non tivo interese en facer un seguimento dos vertidos radioactivos e por suposto o Estado Español principal afectado por esta práctica contaminante por posibles fugas radioactivas, mantivo o secreto do vertedoiro e nunca esixiu que se iniciara un plan para retirar os bidóns do mar e enterralos adecuadamente en terra, nin para ter un seguimento e control da radioactividade da auga e seres vivos ante a posibilidade de rotura, corrosión… dos barrís . Como sería compatible co turismo ? Como explicarllo ao turista que busca as nosas praias ?
A Xunta de Galiza sen autonomía no tema por ser augas internacionais e sen capacidade para poder intervir , si podía sin embargo ter un plan para detectar e no seu caso controlar as augas da sua competencia, nas rias e augas do litoral que xestiona, e a vez premer ao Goberno para garantir un seguimento do Vertedoiro Atómico do Atlántico. Pero como vamos pedir tal cousa cando a Conselleira de Medio Ambiente di que descoñecia a existencia dos bidóns radioactivos somerxidos no Vertedoiro Atómico do Atlántico afirmando “no es de recibo que tengamos que enterarnos por la prensa de un asunto tan sensible como la presencia de material potencialmente peligroso frente a nuestras costas”. Era tan secreto que nin os Conselleiros da Xunta sabían do tema. Penoso, así son os nosos gobernantes. Que podemos pedir? Que podemos esixir?
Ramón Varela Díaz é autor do libro: Os residuos radioactivos. Ameaza no presente e para o futuro. Edicións Xistral. 1983. Libro seguramente esgotado. Ao mesmo tempo como Secretario Xeral de Adega e logo Presidente dirixiu e participou nas campañas de Adega na Galiza e en Inglaterra onde foi detido, xulgado e multado, e estivo presente nos debates na VII Reunión Consultiva da Convención de Londres na sede da OMI en 1983 .
Los residuos radiactivos de la Fosa Atlántica: Ni interesan en la UE, ni en el Gobierno de España, y menos en la Xunta de Galicia.
VERSIÓN EN CASTELLANO
Los residuos radiactivos de la Fosa Atlántica: Ni interesan en la UE, ni en el Gobierno de España, y menos en la Xunta de Galicia.
El Convenio de Londres de 1972 sobre la «Prevención de la contaminación en el mar por vertido de desechos y otros materiales» prohíbe el vertido de materiales peligrosos (lista negra del Anexo I), pero aquí no se incluyen los vertidos de residuos radiactivos de centrales nucleares que se hacen en el mar desde 1945 y que serían prohibidos en la X Reunión de la Convención de Londres en el año 1993.
El mes pasado, el CNRS, Centro Nacional de Investigaciones Científicas de Francia, iniciaba una investigación científica referida al estudio y evaluación de los residuos radiactivos depositados en el fondo marino en el «Basurero Atómico del Atlántico», situado frente a las costas gallegas. El buque oceanográfico L’Atalante, con un robot submarino, realizó 15 inmersiones y cartografió 160 km cuadrados utilizando tecnología de sonar de alta precisión. Pretendía saber dónde están los bidones, analizar la radiactividad del agua profunda, realizar muestreo y análisis de sedimentos (23 localizaciones distintas de estudio y 345 muestras extraídas) y evaluación de la fauna profunda (7 trampas para peces). Finalizada la campaña, y localizados 3.550 bidones de los más de 200.000 depositados en el mar, ahora le espera un trabajo de investigación en laboratorio de varios meses. Veamos:
- El Vertedero Atómico del Atlántico
El principal lugar de vertido de los residuos europeos fue el «Vertedero Atómico del Atlántico», un rectángulo de aproximadamente 60 x 20 millas que ocuparía más de 4000 km cuadrados dentro de una zona de vertido de 14.500 km cuadrados. Situado entre 350-388 millas de la punta de Estaca de Bares en Galicia y a 600 millas de las costas inglesas. Se calcula que recibió desde 1956 hasta cerca de 1990 más de 200.000 bidones con residuos radiactivos de media y baja radiactividad, la mayoría procedentes de centrales nucleares, y una pequeña parte recogida en hospitales, centros de investigación, laboratorios… Solo entre 1967 y 1982, auspiciados por la Agencia de Energía Nuclear, AEN, se producen 29 operaciones de descarga de buques (denominados barcos de la muerte) que arrojan los contenedores y bidones al mar, práctica incomprensible, peligrosa, inadecuada y muy contaminante en la que participan conjuntamente varios países europeos: Inglaterra, Holanda, Bélgica, Suiza, Luxemburgo, Alemania Occidental, Italia, Francia, Suecia… - Los residuos radiactivos
La basura nuclear emite radiaciones invisibles, altamente energéticas. En la Fosa Atlántica la radiación supera un millón de Curies en radiación beta-gamma y tritio en residuos de media y baja actividad, según la Agencia Europea de Energía Nuclear. Si la radiactividad incide en la materia viva puede fácilmente trastocar y alterar el funcionamiento celular. Se vierten decenas de productos de fisión y activación que emiten radiaciones «alfa» (Radio-226, Plutonio-238, Americio-241…) mientras otros residuos emiten radiación «beta y gama», esta última más peligrosa (Cesio-137, Cerio-192, Yodo-129, Cobalto-60…). Su vida activa o tiempo para que la mitad de una cantidad cualquiera de un producto radiactivo se desintegre va desde días/meses (Cerio-144, Iridio-192) a años/miles de años (Cobalto-60 con 5,26 años, Plutonio-240 con 6.580 años, Plutonio-239 con 24.400 años, Uranio-233 con 160.000 años…). - Conocían que era una práctica contaminante
En octubre de 1970, el «Consejo de Medio Ambiente Americano» publicaba un estudio sobre los vertidos de residuos realizados por Estados Unidos en el Océano Pacífico, con la conclusión de que las descargas de esta basura en el océano significaban un serio y creciente peligro para el medio marino, y el Consejo acabó proponiendo al Congreso «prohibir radicalmente las descargas de alto nivel de radiación y permitir solo las descargas de vertidos de medio y bajo nivel en casos excepcionales». Desde esas fechas, en Estados Unidos empiezan a almacenarse los residuos en tierra.
En Europa teníamos precedentes anteriores: en 1959 Francia decide sumergir en el Mediterráneo 6.500 barriles radiactivos, a lo que se oponen el Museo Oceanográfico de Mónaco, el investigador J. Cousteau, asociaciones de pescadores, organizaciones turísticas, alcaldes, diputados… Las protestas impiden el vertido al Mediterráneo, pero el vertido se desvía silenciosa y secretamente al Océano Atlántico. Tenemos que esperar al año 1974 para que algunos países como Austria, Suecia, Dinamarca, Noruega e Islandia consideren esta práctica contaminante y digan que van a dejar de verter en el mar. - Fugas de radiactividad
En 1979 y 1981, la TV holandesa filmaba vertidos de los «Barcos de la Muerte» lanzando bidones con residuos que se abrían por el simple choque con el agua, esparcían su contenido e incluso se veía que algunos ya tenían hendiduras y fisuras en el momento en que los cargaban en los barcos para posteriormente arrojarlos al mar.
En los vertederos atómicos del Pacífico aparecían también contenedores abiertos poco después de su depósito en el agua. En las declaraciones de J. Cousteau ante el Consejo de Europa, se asegura que existen bidones abiertos después de 20 años de permanencia en el agua. En un Informe presentado por Kiribati y Nauru, naciones independientes e islas del Pacífico, en la reunión de la Convención de Londres en 1983, concluyen que los bidones tienen una vida media efectiva de 10 años y que incluso se dañan algunos antes de llegar al fondo.
En resumen, las fugas de material radiactivo pueden darse por: a) mal embalaje, b) por efecto de la corrosión marina, c) por altas presiones a las que están sometidos, d) por ataque de microorganismos, e) por choques y desplazamientos, f) por influencia de las corrientes marinas, g) por corrientes de turbidez, h) por vórtices y ondas internas, i) por corrientes de turbidez, de flujo o de convección… - Galicia sería zona de destino de los residuos
El Océano Atlántico está recorrido, en su parte norte, por las corrientes cálidas del sistema Gulf Stream (que dulcifica nuestro clima), corrientes más conocidas por el nombre de corrientes del Golfo de México, arrastra agua con diferencias de salinidad, mayor temperatura… del agua próxima y que se ve empujada por el viento lentamente de América a Europa. Cerca de las costas europeas la corriente se ramifica en dos grandes brazos, uno de ellos ascendente llega a Escandinavia y otro brazo va hacia el sur y se ramifica, siendo Galicia el primer punto de Europa donde choca una de las ramificaciones, bañando la costa Portuguesa y adentrándose incluso por el Estrecho de Gibraltar. Cálculos hipotéticos realizados por el Instituto Geodésico de Frankfurt en Alemania dicen que los bidones podían ser arrastrados, desde el punto de vertido, un largo tramo; no caerían en el punto donde los tiran, podían ser arrastrados hacia las costas gallegas por las corrientes del Golfo. - Seres vivos y residuos
La radiactividad es acumulativa, diversos procesos de concentración y acumulación pueden llevar a que los organismos vivos incorporen tasas de radiactividad nocivas. Los sedimentos del fondo marino en relación con las cadenas tróficas también son importantes; los mismos bidones crean un hábitat artificial –calor…– que atrae la vida marina a 4000-5000 m de profundidad. Tenemos que entender que no existe para el ser vivo –microorganismos, y seres marinos o incluso para nosotros– una dosis inocua de radiactividad, un umbral mínimo por debajo del cual se pueda asegurar que no existe peligro. No todas las células ni todos los organismos se ven afectados de igual manera. Los seres más evolucionados son también los más sensibles a las radiaciones. Mutaciones hereditarias, malformaciones genéticas y multiplicación incontrolada de células –cáncer– son inducidas por radiactividad. - Se rompe el silencio sobre una práctica contaminante
En Galicia, una de las primeras denuncias en contra de los vertidos fue en el año 1974, realizada por Francisco Bermejo, jefe del departamento de Química Analítica de la Universidad de Santiago y uno de los miembros fundadores de ADEGA, que en una mesa redonda dice: «echan a 150 millas de la Torre de Hércules bloques de hormigón atestados de sustancias radiactivas y nadie sabe lo que va a pasar ahí; en más de un sitio se están almacenando en el Océano residuos que están en actividad y no se sabe lo que van a producir. Pienso que podríamos hablar de unos criminales del futuro, criminales que no saben lo que pasará pero que lo hacen…».
En el año 1978, ADEGA emprendía una campaña contra los residuos en Galicia e incluso protestando en la embajada de Inglaterra en Vigo con varios encierros incluidos. En el año 1978-79, Greenpeace alertaba a la opinión pública mundial del peligro de los vertidos de residuos con fotografías, películas y enfrentamiento con los barcos de la muerte. ADEGA colabora con Greenpeace y Tino Solla de ADEGA se encadena a los bidones en el barco que arrojaba residuos, siendo retenido y llevado a Holanda. En 1982 se producen actos y protestas y se movilizan en toda Galicia más de 25.000 personas protestando contra los residuos; organizaciones nacionalistas, ecologistas, pescadores, fletan barcos de pesca para protestar en el lugar de vertido… Más tarde, ADEGA trasladaría su protesta hasta Londres con un autobús y 28 personas para protestar ante el organismo de Energía Atómica que daba los permisos de vertido, de nuevo detenidos, juzgados y multados ahora en Inglaterra.
En 1983, un submarino francés controlado a distancia va a las profundidades del Atlántico y fotografía la Fosa Atlántica y afirma que no existe problema. Esto sirve para que los Organismos públicos aprovechen para «calmar a la población». El Consejo Nuclear y la Junta de Energía Nuclear del Estado Español, así como el Instituto Español de Oceanografía, se empeñan en difundir que el vertido no representaba ningún riesgo indebido ni para las personas ni para el medio marino. La postura del Gobierno Español era contradictoria: estaba a favor de las nucleares (central nuclear de Lemoniz) y mantenía una tímida oposición a los vertidos, pidiendo una moratoria que muchos justificaban porque estaba en juego la entrada de España en el Mercado Común Europeo. - Paralización de los vertidos
En 1983 se celebra en Londres, en la sede de la OMI, la VII reunión consultiva de la Convención Internacional para la Prevención de la Contaminación Marina, más conocida como Convención de Londres. Se presentan 4 propuestas: a) Las islas de Kiribati y Nauru en el Pacífico proponían una prohibición total. b) Los países nórdicos (Noruega, Suecia, Dinamarca…) se comprometen a no arrojar o ir disminuyendo los actuales vertidos. c) Inglaterra, Estados Unidos, Japón y Bélgica, entre otros, defendían seguir con los vertidos. d) El Gobierno Español proponía una moratoria voluntaria temporal de dos años mientras se realizaban estudios científicos de la zona (el PSOE en el Gobierno tenía como compromiso electoral que si llegaba a gobernar acabaría definitivamente con esta práctica contaminante). La propuesta de moratoria del Estado Español iba como resolución o proposición, y no era vinculante, consigue 19 votos a favor, 6 en contra (Estados Unidos, Inglaterra, Holanda, Japón…) y 5 abstenciones. Pero de poco servía el resultado de la votación, al no ser vinculante la Convención de Londres no podía impedir el vertido de residuos a aquellos países que votaran en contra o se abstuvieran.
En 1985, en la IX Reunión Consultiva de la Convención de Londres se presenta un informe científico que no demostraba que los vertidos radiactivos fuesen inofensivos ni tampoco peligrosos, por lo que deciden estudiar el tema de forma más integral y en 1986 crean un Grupo Intergubernamental de Expertos que analiza, aparte de temas científicos, aspectos políticos, jurídicos, económicos, sociales… y mientras se prorroga la moratoria hasta 1993. La X Reunión Consultiva de Londres en ese año por mayoría acuerda prohibir los residuos radiactivos al mar y entra en vigor en febrero de 1994 y se incluyen todo tipo de residuos radiactivos y materiales radiactivos (pasan a la lista negra -Anexo I-). - Abandono total de la Unión Europea y falta de preocupación del Gobierno Español y de la Xunta.
Una vez que entra en vigor la prohibición, pasamos a un silencio absoluto del tema, ni seguimiento, ni estudios, ni inspecciones, ni preocupación… Únicamente, ahora en 2025 podremos tener una evaluación científica más detallada aprovechando la tecnología moderna que continuará en una segunda campaña más exhaustiva prevista para 2026-27. La Unión Europea no tuvo interés en hacer un seguimiento de los vertidos radiactivos y, por supuesto, el Estado Español, principal afectado por esta práctica contaminante por posibles fugas radiactivas, mantuvo el secreto del vertedero y nunca exigió que se iniciara un plan para retirar los bidones del mar y enterrarlos adecuadamente en tierra, ni para tener un seguimiento y control de la radiactividad del agua y seres vivos ante la posibilidad de rotura, corrosión… de los barriles. ¿Cómo sería compatible con el turismo? ¿Cómo explicárselo al turista que busca nuestras playas?
La Xunta de Galicia, sin autonomía en el tema por ser aguas internacionales y sin capacidad para poder intervenir, sí podía sin embargo tener un plan para detectar y, en su caso, controlar las aguas de su competencia, en las rías y aguas del litoral que gestiona, y a la vez presionar al Gobierno para garantizar un seguimiento del Vertedero Atómico del Atlántico. Pero ¿cómo vamos a pedir tal cosa cuando la Conselleira de Medio Ambiente dice que desconocía la existencia de los bidones radiactivos sumergidos en el Vertedero Atómico del Atlántico, afirmando «no es de recibo que tengamos que enterarnos por la prensa de un asunto tan sensible como la presencia de material potencialmente peligroso frente a nuestras costas»? Era tan secreto que ni los Conselleiros de la Xunta sabían del tema. Penoso, así son nuestros gobernantes. ¿Qué podemos pedir? ¿Qué podemos exigir?
Ramón Varela Díaz es autor del libro: Los residuos radiactivos. Amenaza en el presente y para el futuro. Edicións Xistral. 1983. Libro seguramente agotado. Al mismo tiempo, como Secretario General de ADEGA y luego Presidente, dirigió y participó en las campañas de ADEGA en Galicia y en Inglaterra donde fue detenido, juzgado y multado, y estuvo presente en los debates en la VII Reunión Consultiva de la Convención de Londres en la sede de la OMI en 1983.
Entrevista a Ramón Varela Díaz pinchar aquí
INCENDIOS FORESTALES 2025
Leer para opinar con fundamento
1.- Incendios que nos retratan
2.- Incendios de sexta generación ¿Qué son?
3,- El problema principal no es el cambio climático


