Especial Incendios forestales
Oito comunidades autónomas están afectadas neste momento por incendios forestais, a 14 de agosto o lume afectou xa a 148.205 hectáreas no Estado Español no que vai de ano, segundo o Sistema de Información de Incendios Forestais Europeos, EFFIS, cando a media anual (2006–2024) é de 79.570 ha. De 22 países europeos con datos, España estaba hoxe á cabeza e Galiza, como case sempre, estará tamén no grupo de cabeza das comunidades autónomas en número de incendios e superficie arrasada. Na actualidade xa superará as 23.000 ha e subindo, mesmo o Presidente Galego admite que a situación “vai seguir sendo moi complicada “nos vindeiros días.
Mentres no Estado a superficie forestal ocupa o 56% do territorio, aquí o forestal (arborado e desarborado) ocupa 68,6%, co agravante que as repoboacións forestais fixéronse na Galiza con especies pirofíticas o que quere dicir que arden ben, propagan o lume e saen beneficiadas con él, xa que a sua estratexia biolóxica de ocupación e avance no territorio depende en parte do lume.
Problemática:
Os incendios traen consigo perda de paisaxe, biodiversidade e hábitats. Impacto na saúde, ao respirar particulas finas PM2,5 e substancias tóxicas. Problemas pola emisión de monóxido e dióxido de carbono, CO2, e outros gases, que contribúen ao cambio climático. Os incendios interrompen tráfico e vías ferroviarias, provocan desaloxos e vítimas humanas ao tratar de apagar o lume. No económico temos perdas importantes directas en propiedades, granxas e vivendas, e mesmo “volatilizanse” os cuantiosos fondos e recursos adicados ao tema. A posteriori teriamos que contabilizar a erosión, aumento do risco de inundacións, corrementos de terra…. Tamén crean na poboación do rural o desanimo, rabia, impotencia..
Ourense
Ourense é a máis castigada polo lume, (segundo La Región: Chandrexa de Queixa, 2 incendios 10.500 ha, Maceda 2.200 ha, Oimbra 5.000 ha, A Mezquita 4.500 ha e outros moitos máis pequenos ), curiosamente é a provincia máis montañosa, menos forestal arborada e presenta grandes extensións de monte baixo sen arborado (ou mínimo), monte privado pertencente a comunidades de veciños. O monte baixo ten gran riqueza de hábitats i e rico en biodiversidade, antes na economía labrega cumpría diversas funcións: pasto para animais en liberdade ou semiliberdade: cabalos, vacún, ovellas, cabras…, O monte utilizouse para cultivo de cereal de forma temporal, Ourense foi a provincia cerealistica de Galiza anos atrás, pero hoxe xa non cumpre este papel. O monte utilizouse para cazar, para aproveitamento para cama de gando, estrume… hoxe economicamente está practicamente desaproveitado, ignorado, incendiado continuamente, sin que exista unha política de ordenación e recuperación adecuada como esixe a realidade económica e social.
Os incendios non son unha novidade en Ourense, entre 2015-2024 queimáronse un total de 102.421 ha de un total de 185.562 na Galiza . Nesta provincia déronse 6.618 fogos de un total de 17.172 e dicir o 38,5% do total e arde de media aquí o 55,2 % da superficie que se queima na Galiza . Ourense nos últimos 30 anos sempre estivo a cabeza en grandes incendios, GIF, e superficie queimada , entre o 2015-2024 prodúcense na provincia 21 GIF de un total de 34 na Galiza , queimando 121.744 ha que representaba o 50% da superficie queimada. Si na Galiza os lumes son intencionados nun 74,9 % , na provincia de Ourense son o 79% . Quén quere que a situación siga así ? Que políticas se fixeron para reverter a situación ? Son responsábeis os gobernantes do Goberno Galego e da Deputación?
A administración potencia o abandono do rural e favorece e facilita a irracional repoboación forestal, as plantación de piñeiros e eucaliptos. Propicia e consinte a entrada de grandes empresas e multinacionais da minería para explotar a riqueza no monte – litio, coltán…- sen importar que na Galiza quede beneficio económico e social. Ao Goberno non lle importa que a minería chegue aproveitando subvencións e teña alto consumo de auga, xere contaminación e desastres paisaxísticos . Aquí non se transforma o mineral que obteñen (postos de traballo “limpos”) , e os beneficios empresariais tributan fora do pais. Todo está perfecto para o capital e a administración . As empresas eléctricas Naturgy, Iberdrola, Endesa, Greenalia ven o territorio galego como un todo a conquistar , proba disto é que xa converteron Ourense nun monocultivo de electricidade ( Miño, Sil e afluentes) e pretenden tamén que seguir producindo de novas maneiras co bombeo hidroeléctrico e mesmo almacenando a electricidade en baterías para exportar máis tarde (Galiza exporta a Portugal, Madrid, Pais Vasco máis da terceira parte da electricidade que producimos) . Por si fora pouco ven a Ourense e a Galiza enteira como un gran parque eólico onde obter cuantiosos beneficios e sen apenas deixar nada. Queremos eso? Teñen sensibilidade de país os nosos gobernantes ?
Ourense , abandonada dende o franquismo sufriu un despoboamento do rural de forma alarmante no franquismo e continúa agora mesmo, segundo o INE a provincia pasou de 430.159 habitantes no censo do 1981 a 304.467 no rexistro do 2024. Onde está a Ordenación do Territorio, racional, ecolóxica, sostible e social onde se mellore a economía da poboación do rural e onde están as medidas para conseguir a recuperación de habitantes e servizos perdidos ?.
Paos de cego contra o lume
O Presidente da Xunta en decembro do 2024 decia “ que contaba cun dos dispositivos contra o lume dos mellores de Europa”, vese que non é así, fixo o ridículo . Tamén no 2023 externalizou o sistema de loita aéreo contra o lume por 13,4 millóns ate o 2026, tampouco parece que este dando resultado. Anunciara no Plan contra incendios , Pladiga 2025, novidades na loita contra o lume como a creación da figura dun xefe de loxística en grandes incendios, aumento dun 20% destinado a formación e adestramento de persoal, plans preventivos para os parques naturais , aumento da rede de videovixilancia, drons, profesionais dispoñibles, helicópteros, motobombas, brigadas, axentes, técnicos, palas… co obxectivo de que ardan no 2025 menos de 18.554 ha, obxectivo que tristemente xa non se cumpre a estas alturas de ano.
.
A pesar do gasto de máis de 200 millóns de presuposto contra o lume por parte do Goberno Galego e 5,2 millóns destinados este ano, ate maio, pola Deputación de Ourense, estamos igual que outros anos, sin avanzar o que indica que a prevención vese que é insuficiente ou mal enfocada, e a extinción un fracaso. A investigación e detención de culpables so queda en intención “teorica e posible”. Aquí arde todo o monte sexa arborado ou desarborado, pastos, e para colmo danse evacuacións e quéimanse vivendas…Algo parecido sucede con áreas protexidas onde os incendios chegaron a parques naturais, ardendo nos últimos anos o 32,38% da superficie ou a zonas de Rede Natura 2000 con zonas que arderon, en pouco tempo, en mais do 15% da superficie .
Preguntamonos : Podemos esperar unha política adecuada que remate cos incendios e detención de incendiarios? Na Galiza está demostrado que NON.
Incendios intencionados y política inadecuada
Texto en castellano
Ocho comunidades autónomas se ven afectadas en este momento por incendios forestales. A 14 de agosto, el fuego ha afectado ya a 148.205 hectáreas en el Estado Español en lo que va de año, según el Sistema de Información de Incendios Forestales Europeos (EFFIS), cuando la media anual (2006–2024) es de 79.570 ha. De 22 países europeos con datos, España está hoy a la cabeza, y Galiza, como casi siempre, también estará en el grupo de cabeza de las comunidades autónomas en número de incendios y superficie arrasada. En la actualidad, ya superará las 23.000 ha y sigue subiendo, incluso el Presidente Gallego admite que la situación «seguirá siendo muy complicada» en los próximos días.
Mientras que en el Estado la superficie forestal ocupa el 56% del territorio, aquí lo forestal (arbolado y sin arbolado) ocupa el 68,6%, con el agravante de que las repoblaciones forestales en Galiza se hicieron con especies pirófitas, lo que quiere decir que arden bien, propagan el fuego y se benefician de él, ya que su estrategia biológica de ocupación y avance en el territorio depende en parte del fuego.
Problemática: Los incendios traen consigo pérdida de paisaje, biodiversidad y hábitats. Impacto en la salud al respirar partículas finas PM2,5 y sustancias tóxicas. Problemas por la emisión de monóxido y dióxido de carbono (CO2), y otros gases, que contribuyen al cambio climático. Los incendios interrumpen el tráfico y las vías ferroviarias, provocan desalojos y víctimas humanas al tratar de apagar el fuego. En el ámbito económico, tenemos pérdidas importantes directas en propiedades, granjas y viviendas, e incluso se «volatizan» los cuantiosos fondos y recursos dedicados al tema. A posteriori, tendríamos que contabilizar la erosión, el aumento del riesgo de inundaciones, corrimientos de tierra… También crean en la población del rural el desánimo, la rabia, la impotencia…
Ourense Ourense es la más castigada por el fuego (según La Región: Chandrexa de Queixa, 2 incendios, 10.500 ha; Maceda, 2.200 ha; Oimbra, 5.000 ha; A Mezquita, 4.500 ha y otros muchos más pequeños). Curiosamente, es la provincia más montañosa, menos forestal arbolada y presenta grandes extensiones de monte bajo sin arbolado (o mínimo), monte privado perteneciente a comunidades de vecinos. El monte bajo tiene gran riqueza de hábitats y es rico en biodiversidad. Antes, en la economía campesina cumplía diversas funciones: pasto para animales en libertad o semilibertad: caballos, vacuno, ovejas, cabras… El monte se utilizó para cultivo de cereal de forma temporal. Ourense fue la provincia cerealística de Galiza años atrás, pero hoy ya no cumple este papel. El monte se utilizó para cazar, para aprovechamiento para cama de ganado, estiércol… Hoy, económicamente está prácticamente desaprovechado, ignorado, incendiado continuamente, sin que exista una política de ordenación y recuperación adecuada como exige la realidad económica y social.
Los incendios no son una novedad en Ourense. Entre 2015-2024 se quemaron un total de 102.421 ha de un total de 185.562 en Galiza. En esta provincia se dieron 6.618 fuegos de un total de 17.172, es decir, el 38,5% del total, y arde de media aquí el 55,2% de la superficie que se quema en Galiza. Ourense en los últimos 30 años siempre ha estado a la cabeza en grandes incendios (GIF) y superficie quemada. Entre 2015-2024, se produjeron en la provincia 21 GIF de un total de 34 en Galiza, quemando 121.744 ha, lo que representaba el 50% de la superficie quemada. Si en Galiza los fuegos son intencionados en un 74,9%, en la provincia de Ourense son el 79%. ¿Quién quiere que la situación siga así? ¿Qué políticas se han hecho para revertir la situación? ¿Son responsables los gobernantes del Gobierno Gallego y de la Diputación?
La administración potencia el abandono del rural y favorece y facilita la irracional repoblación forestal, la plantación de pinos y eucaliptos. Propicia y consiente la entrada de grandes empresas y multinacionales de la minería para explotar la riqueza en el monte (litio, coltán…) sin importar que en Galiza quede beneficio económico y social. Al Gobierno no le importa que la minería llegue aprovechando subvenciones y tenga alto consumo de agua, genere contaminación y desastres paisajísticos. Aquí no se transforma el mineral que obtienen (puestos de trabajo «limpios»), y los beneficios empresariales tributan fuera del país. Todo está perfecto para el capital y la administración. Las empresas eléctricas Naturgy, Iberdrola, Endesa, Greenalia ven el territorio gallego como un todo a conquistar. Prueba de esto es que ya convirtieron Ourense en un monocultivo de electricidad (Miño, Sil y afluentes) y pretenden seguir produciendo de nuevas maneras con el bombeo hidroeléctrico e incluso almacenando la electricidad en baterías para exportar más tarde (Galiza exporta a Portugal, Madrid, País Vasco más de la tercera parte de la electricidad que producimos). Por si fuera poco, ven a Ourense y a Galiza entera como un gran parque eólico donde obtener cuantiosos beneficios y sin apenas dejar nada. ¿Queremos eso? ¿Tienen sensibilidad de país nuestros gobernantes?
Ourense, abandonada desde el franquismo, sufrió un despoblamiento del rural de forma alarmante en el franquismo y continúa ahora mismo. Según el INE, la provincia pasó de 430.159 habitantes en el censo de 1981 a 304.467 en el registro de 2024. ¿Dónde está la Ordenación del Territorio, racional, ecológica, sostenible y social, donde se mejore la economía de la población del rural y donde están las medidas para conseguir la recuperación de habitantes y servicios perdidos?
Palos de ciego contra el fuego El Presidente de la Xunta en diciembre de 2024 decía «que contaba con uno de los dispositivos contra el fuego de los mejores de Europa». Se ve que no es así, hizo el ridículo. También en 2023 externalizó el sistema de lucha aéreo contra el fuego por 13,4 millones hasta 2026, tampoco parece que esté dando resultado. Había anunciado en el Plan contra incendios (Pladiga 2025) novedades en la lucha contra el fuego como la creación de la figura de un jefe de logística en grandes incendios, aumento de un 20% destinado a formación y entrenamiento de personal, planes preventivos para los parques naturales, aumento de la red de videovigilancia, drones, profesionales disponibles, helicópteros, motobombas, brigadas, agentes, técnicos, palas… con el objetivo de que ardan en 2025 menos de 18.554 ha, objetivo que tristemente ya no se cumple a estas alturas de año.
A pesar del gasto de más de 200 millones de presupuesto contra el fuego por parte del Gobierno Gallego y 5,2 millones destinados este año, hasta mayo, por la Diputación de Ourense, estamos igual que otros años, sin avanzar, lo que indica que la prevención se ve que es insuficiente o mal enfocada, y la extinción un fracaso. La investigación y detención de culpables solo queda en intención «teórica y posible». Aquí arde todo el monte, sea arbolado o sin arbolado, pastos, y para colmo se dan evacuaciones y se queman viviendas… Algo parecido sucede con áreas protegidas donde los incendios llegaron a parques naturales, ardiendo en los últimos años el 32,38% de la superficie o a zonas de Red Natura 2000 con zonas que ardieron, en poco tiempo, en más del 15% de la superficie.
Nos preguntamos: ¿Podemos esperar una política adecuada que termine con los incendios y la detención de incendiarios? En Galiza está demostrado que NO.
- Los ciudadanos somos los culpables de los malos políticos
por Ricardo PeñaCuántas veces habremos oído, o habremos manifestado a nuestro entorno cercano, que los políticos que tenemos en España son muy malos. Es un lugar común despotricar de ellos, tildarlos de - Vox y el blanqueamiento del franquismo
por Ricardo PeñaA través de las redes sociales, Vox intenta hacer creer a quienes den credibilidad a sus palabras que el franquismo no fue tan malo. Que fue simplemente un “régimen autoritario”, - “Es prácticamente imposible que en el marco de cuatro años se pueda llegar a construir un millón de viviendas”
por Fernando Acedo-Rico¿Cómo ve la situación de la vivienda? La situación de la vivienda en España la veo realmente muy complicada. Hay suficientes indicadores emitidos por instituciones de referencia como el Banco - El empleo “sénior” en la era de la Inteligencia Artificial
por Enrique TorrenteQue Europa en general y España en particular tiene un problema de relevo generacional es algo manifiesto. Que las calles estén llenas de jóvenes lo puede disimular, pero la estadística - ¿Qué le debe Marruecos a Sánchez?
por Abdelhamid BeyukiUna pequeña historia de sospechas, fantasmas y viejas guerras Fue durante el cara a cara electoral cuando Feijóo lanzó a su rival una pregunta que acabaría convirtiéndose en uno de los momentos - Reivindicación de la mediocridad
por Juan Manuel BeltránEscucho, con cierta sensación de confirmación, que un candidato a la presidencia del gobierno afirma ante el entrevistador, que “no hablo inglés y no tengo intención de aprenderlo”, sin matices, - Acuerdos y desacuerdos en los Programas de Educación de PSOE y PP
por Juan López MartínezEl estudio de los programas educativos de los dos principales partidos que concurren a las elecciones el 29 de noviembre pone en evidencia que hay determinados asuntos que concitan la - El plató del despropósito: la parálisis del poder y la indigencia del relevo
por Juan de Justo RodríguezQuien anoche buscara en el plató de televisión un atisbo de altura de miras, un proyecto de Estado cabal o el pulso riguroso de dos dirigentes a la altura de - Vox, ante el reto de la vivienda y la calidad urbana
por Fernando Acedo-RicoSu programa combina incentivos fiscales para facilitar el acceso y medidas para ampliar la oferta. Plantea impulsar la recepción de las obras de urbanización Continuamos esta serie sobre los programas - Vivienda: una propuesta
por Juan Carlos Rodríguez IbarraExtremadura ya planteó hace casi treinta años una cuestión que hoy vuelve a estar en el centro del debate: ¿debe la propiedad del suelo tener únicamente derechos o también obligaciones - Anatomía de un malestar social creciente
por Pablo Sanz BayónPido de antemano paciencia al lector, pues los razonamientos complejos requieren cierta explanación y encadenamiento de ideas sin las cuales no se puede elaborar ni decir nada valioso en el - Y yo ¿cómo puedo ayudar?
por Némesis GraciaQue no digo yo, como siempre, que no haya temitas muy importantes que destilan dolor, mentira, abuso…. pero no hallo las palabras que me permitan transmitir educadamente una opinión que














